II Regata Cátedra Almirante Álvarez-Ossorio-Trofeo Ría de Pontevedra
Data de celebración:
29 of April at 17:30Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI and Público externoOrganiza
Universidade de Vigo and Escuela Naval MilitarLugar
Avenida das Corvaceiras, 22, 1°
36002 Pontevedra
Spain
Tipo de evento
Competición and DeporteEntrada:
De balde No reservation required.Modalidade
PresencialCon saída do Gremio de Mareantes
Asisten: Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo; Eva María Lantarón, vicerreitor do campus de Pontevedra; Mónica Valderrama, vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais; e Pedro Cardona, comandante director da Escuela Naval Militar
Estudantes da Universidade de Vigo e da Escuela Naval Militar (ENM) participan na II Regata Almirante Álvarez-Ossorio-Trofeo Ría de Pontevedra, unha competición de bateis con tres mangas, nas que competirán tripulacións masculinas, femininas e mixtas, integradas por estudantes das dúas institucións.
Programada para as 17.30 horas e con saída do Gremio de Mareantes, trátase dunha regata cun percorrido de dous quilómetros, nas augas interiores da ría, que se insire na programación de actividades da Cátedra Almirante Álvarez-Ossorio.
Tras a finalización da proba, o salón de actos do Gremio de Mareantes acollerá o acto de entrega de premios.