Obxectivos

O Gabinete Psicopedagóxico foi creado para atender as crecentes necesidades de tipo académico e persoal que presenta o noso estudantado universitario.
Obxectivos xerais
- Asesoramento ao alumnado da Universidade de Vigo, nos campus de Vigo e de Pontevedra, sobre calquera cuestión relacionada co seu proceso formativo e sobre os aspectos que poidan incidir negativamente no seu rendemento académico.
- Desenvolvemento de estratexias de aprendizaxe.
- Desenvolvemento de técnicas de traballo intelectual.
- Prestarlle atención ao estudantado que o requira nas diferentes áreas (persoal, psicoped agóxica, académica e vocacional) segundo sexan as demandas e necesidades.
- Mellorar o nivel de autocoñecemento e comprensión da realidade.
- Incrementar os niveis de autoestima e motivación persoal.
- Aprender a conseguir e manter o benestar do alumnado.
- Previr situacións persoais de dificultade, transmisión ou risco, empregando para iso os servizos e recursos de axuda pertinentes.
- Atención individualizada.
Orientación académica e vocacional
Ofrecemos asesoramento e información sobre as carreiras e axuda no proceso de toma de decisións.
