Banner cabeceira

Curso 2012/2013

Formalización da matrícula
 
Quen desexe cursar estudos na Universidade de Vigo deberá formalizar a súa matrícula a través da secretaría virtual nos seguintes enlaces:
  • Alumnado de primeiro por primeira vez admitido pola CIUG
  • Alumnado de continuación de estudos de grao, titulacións a extinguir e cursos ponte deberán acceder a través da secretaría virtual
Unha vez realizada a automatrícula é obrigatorio entregar a documentación acreditativa correspondente para cada caso no centro de estudos.
 
Prazas ofertadas 
Convocatoria
Prezos por estudos conducentes á obtención de títulos oficiais
Prazos de matrícula
 
Todos os prazos de preinscrición en titulacións con límite de prazas rematan ás 14 horas do último día do prazo establecido.
Os prazos de matrícula e modificación que se realicen por internet (secretaría virtual) rematarán ás 24 horas do último día do prazo, agás a matrícula en titulacións con límite de prazas que rematará ás 14 horas.
O horario para calquera trámite de forma presencial nas secretarías das facultades e escolas e no Servizo de Alumnado é de 9 a 14 horas.
Oferta prazas para libre elección
 Prazos de modificacións
Anulación total de matrícula
As solicitudes de anulación total, dirixidas ao Servizo de Alumnado, presentaranse por calquera dos seguintes medios:
  • no rexistro xeral do campus de Vigo (Edificio Xerencia e Servizos Centrais - Campus de Vigo)  no rexistro auxiliar (E.U.E.T. Industrial – rúa Torrecedeira – Vigo)
  • no rexistro auxiliar do Campus de Ourense (Edificio Administrativo - As Lagoas)
  • no rexistro auxiliar do Campus de Pontevedra (E.U.E.T. Forestal – A Xunqueira)
  • por calquera outro previsto na Lei 30/92, de 26 de novembro, modificada pola Lei 4/99 do 13 de xaneiro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Adaptacións, validacións e recoñecementos de créditos
Teléfonos e enderezos electrónicos dos centros da Universidade de Vigo
 
 
 
 
 
 

 

Rectoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidad | Aviso Legal