Banner cabeceira

Funcións

 

Calidade e estratexia 

  • Desenvolvemento do Plan Estratéxico e seguimento do mesmo.
  • Coordinación das tarefas previstas no Plan de calidade para o desenvolvemento dos seus programas e as actividades de apoio.
  • Preparación dos traballos que, dende a Xerencia, deban ser presentados ao Comité técnico de calidade.
  • Mantemento da documentación do sistema de xestión da calidade.
  • Coordinación e apoio ás actividades de seguimento, medición e análise do sistema de xestión de calidade e da súa acreditación ou certificación.
  • Mantemento do sistema de información institucional sobre a calidade na web pública e da información xeral sobre a calidade na intranet.
  • Asesoramento e apoio técnico en materia de calidade á Xerencia, Comité técnico de calidade, responsables de liñas de acción do POX, grupos de traballo e de mellora de proceso e responsables das unidades funcionais do ámbito de xestión.
  • Apoio á promoción e execución de accións internas e externas de formación, desenvolvemento profesional, información, colaboración, comunicación e difusión da cultura da calidade.
  • Calquera actividade que lle encomende a Xerencia en materia de calidade e excelencia na xestión.

Estatística

  • Centralizar e almacenar datos estatísticos da Universidade.
  • Coordinar a actividade das unidades que subministran datos estatísticos para facer mais fluída e eficaz a súa obtención.
  • Publicar os datos estatísticos considerados de interese para o coñecemento do público xeral, a través da web da Universidade, ou doutros soportes que se consideren axeitados.
  • Canalizar as peticións de datos estatísticos que cheguen á Universidade, no seu caso, subministrar a información requirida.
  • Subministrar os datos estatísticos da institución a aqueles demandantes externos e internos que os requiran.

 

 

Rectoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidad | Aviso Legal