Programa para maiores

Dentro do marco xeral dos programas de formación das aulas de formación aberta da Universidade de Vigo desenvólvese o Programa para maiores: un proxecto de desenvolvemento científico-cultural dirixido a promover a ciencia e a cultura nas persoas maiores, ao mesmo tempo que as relacións interxeracionais. Coa posta en marcha deste programa nos seus tres campus, a Universidade de Vigo pretende facilitarlles ás persoas adultas o seu desenvolvemento persoal e social, e colaborar con eles, en xusta correspondencia co que eles co seu traballo e esforzo achegaron á nosa institución. Trátase, pois, dunha oferta de estudos para as persoas que, por diferentes razóns, non puideran acceder á universidade no seu momento ou que, sendo xa titulados, se atopen en idade inhabitual para as tarefas académicas.

PORTAL DO PROGRAMA PARA MAIORES

 

Normativa Programa para Maiores da Universidade de Vigo (Consello de Goberno 23/06/2015)

 

PRAZO DE PREINSCRICIÓN DO 6 AO 17 DE XULLO DE 2015
 

 

ACTO DE GRADUACIÓN

 

CONTACTO

Campus de Vigo: 986 813 626  maiores.vigo@uvigo.es

Campus de Pontevedra: 986 801 909  maiores.pontevedra@uvigo.es

Campus de Ourense: 988 387 102  maiores.ourense@uvigo.es

 

Rectoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidad | Mapa web | Aviso Legal