Banner cabeceira

CARNÉ UNIVERSITARIO

O Carné Universitario é unha tarxeta intelixente realizada en colaboración co Santander, que acredita o estudantado, profesorado e personal de administración e servizos como membros da comunidade universitaria.

Ademais de todas as funcións asociadas ás tarxetas intelixentes, o carné poderá dispoñer de servizos financeiros 4B Maestro, se se solicitan voluntariamente.

Tarxeta Universitaria

Para qué podes utilizalo?

  1. Acreditación universitaria
  2. Acceso a recintos e ordenadores das aulas de informática e persoais*
  3. Préstamo de libros en bibliotecas
  4. Consultas en Puntos de Información e, opcionalmente, en caixeiros 4B*
  5. Tarxeta deportiva
  6. Moedeiro electrónico
  7. Descontos en comercios
  8. Tarxeta 4B Maestro (opcional)
  9. Firma Electrónica

+ E outros servizos adicionais que se irán incorporando

ACREDITACIÓN UNIVERSITARIA

É a identificación da Universidade de Vigo
Contén:
Nome e apelidos
Fotografía
NIU
Colectivo ao que pertence (estudante, profesorado, PAS, etc.)

Solicítao en calquera momento nas Oficinas Universitarias Santander do campus, levando unha fotografía recente. Recibiralo no teu domicilio particular. Para que inclúa o servizo 4B Maestro só necesitas ser titular dunha conta bancaria no Santander. Esta conta non ten nin gastos de administración nin de mantemento.

O Carné Universitario non hai que renovalo cada ano. Para activar a función financeira diríxete á Oficina Universitaria.

CONTROL DE ACCESOS*

Requírese a súa utilización nos servizos que o teñan establecido, actualmente para acceder a ordenadores e aos recintos do campus.

PRÉSTAMO DE LIBROS EN BIBLIOTECA

Permite solicitar libros na biblioteca do teu centro, dunha forma rápida e fácil, xa que o lector óptico visualiza o código de barras impreso no teu carné.

CONSULTAS EN PUNTOS DE INFORMACIÓN*

A través dos Puntos de Información terás acceso a:

  • Consulta de notas
  • Consulta de datos de matrícula
  • Consulta de expediente
  • Consulta de materias matriculadas
  • Consulta de datos persoais
  • Emisión de resgardo de validez do Carné Universitario
  • Actualización dos datos da tarxeta
  • Pagamento de taxas
  • Información xeral
  • Consulta do saldo e movementos do moedeiro

TARXETA DEPORTIVA 

O Carné Universitario dá acceso ás instalacións deportivas.
Permite identificar se es usuario das instalacións e outorga a posibilidade de pagar con el os cursos, as actividades deportivas e o alugamento das instalacións.

MOEDEIRO ELECTRÓNICO

Permite o pagamento de pequenos importes (ata 150 euros) en todas as dependencias onde exista un terminal de pagamento: deportes, cafetarías, comedores universitarios, taxas a través dos PIUs* e reprografías.

Cómo se recarga?
En efectivo:
Dentro do campus:

  • Nos terminais de recarga de deportes*
  • Nas Oficinas Universitarias Santander

Fóra do campus:

  • Nas Oficinas Santander máis próximas aos campus

En caixeiros 4B:
(Opción operacións moedeiro)
Co carné universitario, se ten o servizo 4B Maestro
Con calquera outra tarxeta 4B

Como consultar o saldo?

  • Nos terminais de recarga e nos PIUs, opción saldo moedeiro
  • Nos caixeiros 4B, opción operacións moedeiro
  • Nos terminais de pagamento, cando vaias efectuar unha operación

DESCONTOS EN COMERCIOS

Se presentas o teu carné universitario ao realizar as túas compras en determinados comercios de Vigo, así como noutros nacionais, poderás beneficiarte de descontos e outras vantaxes especiais.

TARXETA 4B MAESTRO

Servizo opcional do carné universitario asociado a unha conta no Santander que che permite:

  • Recargar o teléfono móbil en caixeiros 4B (sen custo ningún en caixeiros 4B)
  • Obter cartos en calquera caixeiro. Máis de 890.000 en España e todo o mundo. (sen custo ningún en caixeiros 4B)
  • Realizar compras en comercios adheridos (máis de 35 millóns en España e todo o mundo).

 

FIRMA ELECTRÓNICA

Pode albergar o teu certificado dixital da FNMT. Nas oficinas de Rexistro e nas secretarías dos centros (Campus de Vigo: Fac. de CC.EE., ETS de Enxeñaría de Minas, Escola de Enxeñaría de Telecomunicación; Campus de Ourense: Fac. de Ciencias da Educación, Fac. de Historia; Campus de Pontevedra: Fac. de Fisioterapia, Escola de Enxeñaría Forestal e Centro Universitario da Defensa), poden gravar o teu certificado electrónico da FNMT na Tarxeta Universitaria.

Para poder empregalo, necesitas ter un lector de tarxetas e instalar os drivers (Windows, Linux ou Mac OS).


* próxima implantación


PREGUNTAS MÁIS FRECUENTES

Que fago se o perdo?
Podes volvelo solicitar na secretaría do teu centro ou na oficina universitaria. Se tiveses o servizo 4B Maestro, cancélao en calquera oficina Santander ou a través de Superlínea no teléfono 902 242 424

Canto tarda en chegar?
Desde que o solicitas ata que o recibes, pode transcorrer unha media de 20 días. Se é unha reposición por perda,
roubo ou extravío, 10 días aproximadamente.

Ademais iranse incorporando novas funcions que garantirán a total seguridade e confidencialidade das operacións
realizadas.

Para consultas á situacion do teu Carné Universitário:
tarjetauniversitaria@gruposantander.com

LOCALIZACIÓN E HORARIO DAS OFICINAS UNIVERSITARIAS SANTANDER

CAMPUS DE OURENSE
Edificio Pabellón Asociacións
Teléfono 988 231 443

CAMPUS DE PONTEVEDRA
Facultade de Ciencias Sociais
e da Comunicación
Teléfono 986 873 756

CAMPUS DE VIGO
As Lagoas Marcosende, Área Comercial s/n
Teléfono 986 469 954

HORARIO
Luns a venres
Mañá de 9.00 h. a 14.00 h.
Tardes de 16.00 h. a 19.00 h.
Agosto
De luns a venres de 9.00 h. a 14.00 h.

Rectoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidad | Aviso Legal