Se xa eres alumno da Universidade de Vigo recomendámosche acceder a través da Secretaría Virtual
Se eres alumno novo ou te cambias a primeiro curso doutro grao deberás acceder directamente á web de automatrícula:
Se tes calquera problema á hora de matricularte poderás consultalo coa secretaría do teu centro (en caso de alumnado de grao e diplomaturas/licenciaturas/enxeñarías) ou coa secretaría do centro de adscrición do máster (en caso de alumnado de másteres/doutoramentos).
Podes obter unha lista completa premendo nas seguintes ligazóns:
A Universidade de Vigo ofrece acceso Wifi en tódolos seus centros. Para poder conectarte á wifi necesitarás unha conta de correo da Universidade de Vigo (tipo usuario@alumnos.uvigo.es).
As contas de correo creanse de forma automática (pero non instantánea) a partir dos NIU. Unha vez que te crees o teu NIU (pódelo facer dende a páxina de inicio da Secretaría Virtual) deberás esperar ata 24 horas para activar a túa conta de correo (en http://correoweb.uvigo.es).
O prazo de confirmación de matrícula para o alumnado admitido definitivo é o establecido no calendario aprobado pola Comisión de Estudos de Posgrao (neste 1º prazo de 22 a 27 de xullo). O alumnado que non confirme matrícula nese prazo será substituído, a partir do día 28 de xullo, polos alumnos da lista de agarda, que terán un prazo de tres días naturais para confirmar matrícula. O sistema pecharase, a efectos de xestión de listas de agarda o 5 de agosto (último día para xestionar a lista de agarda). A partir de ese día todos os admitidos ou convocados da lista de agarda non matriculados pasarán ao estado de “renuncia”, e polo tanto terán que volver a xestionar a súa preinscrición no seguinte prazo (do 30 de agosto ao 5 de setembro). Non terán que volver a achegar a documentación xa entregada e o sistema lles rescatará os datos de preinscrición vinculados co seu DNI.