A Universidade de Vigo ten implantada unha rede sen fíos que se estende a todos os centros de todos os campus. A rede foi deseñada para que funcione cos sistemas operativos máis usados.
A rede está preparada para o estándar 801.11b (11 Mbps), 802.11g (54 Mbps) e 802.11N (nalgúns sitios), polo que funcionarán tódolos tipos de tarxetas.
Cómpre subliñar que as redes sen fíos alumnos e personal da Universidade de Vigo non están encriptadas, isto é, as conexións van en claro polo aire, polo que un usuario/a avantaxado podería chegar a ver as comunicacións. Avisamos sobre isto para que os usuarios/as utilicen a rede sen fíos de xeito coidadoso. Para conectarse as redes alumnos e personal recomendamos encarecidamente abrir unha páxina de tipo https (por exemplo https://correoweb.uvigo.es) al facer a primeira conexión, de este xeito os datos de conexión irán encriptados.
Se queremos usar unha conexión segura temos dispoñible unha rede segura denominada Eduroam, que poden utilizarla tanto usuarios/as internos da Universidade de Vigo que desexen conectarse de forma segura, como usurios/as doutras institucións afiliadas ao proxecto Eduroam.
O obxectivo do Proxecto Eduroam é ter conectividade e mobilidade entre as distintas redes wireless de investigación mundiais. Desta forma, un usuario/a doutra universidade adscrita a este proxecto podería conectarse desde a nosa universidade co seu identificador e clave, e un usuario/a interno da Universidade de Vigo podería conectarse desde calquera das redes incluídas en Eduroam.
Pódese atopar máis información sobre este proxecto en http://www.eduroam.es/. A cobertura da rede wifi Eduroam na Universidade de Vigo é a mesma que as redes wifi internas, e esténdese a todos os centros dos tres campus. Esta rede tamén poden utilizala usuarios/a da Universidade de Vigo que queiran conectarse de forma segura á rede universitaria.
Para conectarnos dende a Universidade de Vigo o máis sinxelo e utilizar a plataforma EDUROAM-CAT para instalar o software. Para ello temos que acceder á web http://cat.eduroam.org, seleccionar como institución á Universidade de Vigo e descarga-lo software para o noso sistema operativo. Despois introduciremos o noso usuario e contrasinal e xa o temos listo.

Outra opción é utilizar o software cliente Secure W2, dispoñible para Windows XP/Vista/7/Mobile (pódese descargar desde http://si.uvigo.es/software/descarga.php?apt=24&fam=1).
Se o facemos de forma manual, as instrucións para conectarse móstranse a continuación: