Desde a ATIC xestiónase a rede de centrais telefónicas das que dispón a universidade, no relativo aos cambios que se producen nesta rede, así como a atención das incidencias que poidan xurdir nela.
O sistema de telefonía da Universidade de Vigo está formado por una rede privada composta por una serie de centrais de conmutación e a súa correspondente interconexión interna. Esta rede de centrais de conmutación permiten realizar as chamadas internas a custo cero, ademais de xestionar a interconexión con redes externas.
Existe unha base de datos que actúa como directorio telefónico da Universidade, na que están rexistrados os usuarios/as de cada extensión de telefóno fixo. Este directorio é accesible a través da web mediante un esquema de buscas flexibles.
Condicións económicas do servizo
Será preciso completar en liña todos os campos dos formularios, xa que isto automatiza uns campos en función doutros.
No caso de PDI admitiranse varios nomes, un por usuario/a desta liña que pertenzan ao mesmo centro de gasto (departamento). Incluirase o nome e os dous apelidos de cada usuario/a, ademais dos respectivos DNI.
No caso dos PAS o campo do nome reflectirá o cargo que ocupan e non o seu nome propio.
No caso de ser un fax indicarase no epígrafe "nome".
Existe un tipo de extensións en que está xustificado o seren dixitais (con display) que son:
Non se encontrará xustificado o cambio a dixital doutras extensións polo feito de ser usadas por persoas que ocupen algún destes cargos.
Solicitarase cando sexa necesaria unha liña nova. Terá como consecuencia a asunción, por parte do centro, de gasto consignado do tráfico cursado por esta liña.
Cando un usuario/a pase a utilizar (de xeito compartido) unha liña xa existente. O importe do tráfico cursado será repartido entre todos os usuarios/as (e en última instancia os seus centros de gasto) da liña.
Poderase dar de baixa o usuario/a que deixa de utilizar unha liña. Se é o único usuario/a suporá a desinstalación da liña e quedarán dispoñibles os recursos (número de extensión).
Cando por motivos de traslado dos usuarios/as cumpra cambiar de situación unha liña. Os traslados pódense facer con total liberdade (agás por falla de portos dispoñibles) dentro de cada unha das tres redes (Vigo, Pontevedra e Ourense). Isto permitirá a conservación do número de extensión coas súas vantaxes correspondentes.
Cando por motivos de utilización compartida por varios usuarios/as sexa necesaria a supletorización da liña.
A categoría dunha extensión define, entre outras cousas, o ámbito das chamadas (internas, metropolitanas, provinciais etc.) que se poden facer e actuar como mecanismo de contención do gasto.