Banner cabeceira

Divisas e bancos

Actualmente, a moeda de circulación en España é o euro. Se o seu país de procedencia ten unha moeda diferente, comprobe antes de viaxar o valor de cambio da divisa. Consulte tamén os gastos de transferencias bancarias e de conversión monetaria do seu banco de orixe.

Recoméndamoslle que traia algún diñero en efectivo ou cheques de viaxe para poder cubrir os seus gastos durante os primeiros días de estancia en Galicia; outra opción son as tarxetas de crédito, amplamente aceptadas, especialmente as máis coñecidas internacionalmente como Visa ou MasterCard.

En España, as entidades financieiras inclúen bancos e caixas de aforros. Para abrir unha conta en calquera banco ou caixa de aforros en Galicia é necesario presentar unha fotocopia do DNI ou do pasaporte. Consulte nos distintos bancos as condicións de apertura e se existe a posibilidade de abrir unha conta para persoas menores de 26 anos. Os bancos e caixas de aforros están abertos ao público toda a mañá (atención ao público maioritariamente de 8.30 a 14.30) de luns a venres; as caixas de aforros tamén abren os xoves pola tarde, de 16.00 a 19.00 durante a temporada de inverno.

En España existen diversas redes de caixeiros: ServiRED, 4B e Red 6000. Todos os bancos españois pertencen a unha delas. Se saca diñeiro nun caixeiro dunha rede á que non pertence o banco, terá que pagar unha comisión.

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Aviso Legal