Programa Sócrates-Erasmus
Que é o programa Sócrates-Erasmus?
Sócrates é o programa da Unión Europea para a cooperación no ámbito da educación. Foi aprobado o 14 de marzo de 1995. Socrates financia oito accións, das que a segunda é a denominada Erasmus e a dedicada ao ensino superior. Eramus financia, entre outras actividades, a mobilidade de estudantes entre universidades europeas participantes no programa.
Mobilidade de estudantes (OMS)
O alumnado que inicie un programa de estudos nunha universidade asociada poderá ser recoñecido como estudante Erasmus sempre que reúna as seguintes condicións:
- Deberá ser cidadán dalgún dos quince países membros da UE, de Islandia, Liechstenstein ou Noruega, e en reserva dos acordos correspondentes de Bulgaria, República Checa, Estonia, Hungría, Letonia, Lituania, Polonia, Romanía, Eslovaquia, Eslovenia, Chipre, Malta e Turquía.
- Deberá ter completado o primeiro ano de estudos universitarios.
- Deberá estar matriculado na Universidade de Vigo durante o curso en que goce da bolsa.
- O período de estudos cursado no centro asociado non pode ser inferior a tres meses nin superior a un ano.
- O período de estudos no estranxeiro debe constituír unha parte integrante do programa de estudos do centro de orixe.
- O período de estudos no estranxeiro deberá obter un recoñecemento académico.
- As universidades asociadas e cada estudante individualmente deberán concertar o programa de estudos antes de que este viaxe ao estranxeiro. O estudante deberá ser informado por escrito sobre o contido do acordo. Ao final do período de estudo no estranxeiro a universidade de acollida deberá entregarlles ao estudante e á universidade que o enviou un certificado en que confirme que seguiu o programa de estudos acordado, así como unha relación dos resultados obtidos.
- Non deberán pagarse taxas académicas no centro de acollida. O centro de orixe poderá continuar percibindo as taxas académicas do alumnado que se desprace ao estranxeiro.
Como solicitar unha bolsa Erasmus?
A convocatoria para solicitar as bolsas Erasmus na Universidade de Vigo faise pública no mes de febreiro para gozar desta durante o curso seguinte. Deste xeito, selecciónanse os estudantes e comunícaselles ás universidades de destino o nome destes con tempo suficiente para que reciban a información necesaria (programa de estudos, aloxamento etc.).
O número de prazas varía cada ano e é diferente en cada centro, polo que se deberá consultar a listaxe de prazas que ofrece o centro en que se estea matriculado. A selección realizarase en cada centro.
En cada centro hai un responsable de relacións internacionais, que se ocupa, entre outros aspectos, do asesoramento académico.
Webs das universidades de destino
Ver mapa das universidades de destino