Banner cabeceira

Servizo de Control Interno

Campus universitario, As Lagoas, Marcosende

Teléfono: 986 813 582 – 986 813 838

Fax: 986 814 097

Enderezo electrónico: sci@uvigo.es

 

Función 

  • O Servizo de Control Interno ten encomendado o control económico e financieiro da Universidade de Vigo, encamiñado sobre todo na faceta dos gastos.

Obxectivos

  • Controla a legalidade dos actos económicos e administrativos no ámbito da Universidade de Vigo.
  • Actúa asesorando aos órganos directivos sobre o contido da legalidade orzamentaria das actuacións que realizan na súa propia actividade ou cara a terceiros.
  • Verifica a correcta utilización e aplicación dos fondos da Universidade aos fins establecidos, polo acordo dos seus órganos directivos e con actuación sobre a normativa legal.
  • Comproba que os actos, operacións e procedementos da xestión económico-universitaria se desenvolvan de conformidade coa normativa legal.
  • Garante que os procedementos aplicados son os correctamente legais.
  • Informa dos convenios subscritos pola Universidade de Vigo que teñan contido económico.
  • Informa os expedientes de contratación que realiza a Universidade nos seus aspectos económicos, legais e orzamentarios.
  • Conforma a ordenación dos pagamentos.
  • Informa e coordina sobre procedementos de xestión, tramitación e control de forma permanente aos diversos centros de gastos.
  • Elabora os informes que lle son requiridos, a través da Xerencia, polos órganos competentes.
  • Participa cos restantes servizos económicos e a Xerencia na preparación e coordinación xeral das actividades económicas.
  • Fiscaliza os expedientes de gasto en cumprimento das condicións establecidas na normativa nacional, autonómica e universitaria.
  • Comproba e fiscaliza os aspectos legais e materiais das devolucións das taxas.
  • Realiza o seguimento e comprobación dos expedientes de contratación das obras, subministros e servizos.
Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Aviso Legal