Foto superior de la cabecera de 
		Universidade de Vigo

Benvidos

 

fondoLinks

Automatrícula

Servizo de Teledocencia faiTic

Secretaría Virtual

Vicerreitoría do Campus de Ourense

Area de Calidade

Unidade de Igualdade

 
Oferta formativa

Grao en Xeografía e Historia

Cartaz sobre o Grao en Xeografía e Historia

Novedad Modalidade Semipresencial

Guía Docente Grao en Xeografía e Historia

Guía de acollida

+ Historia

Páxina da Facultade de Historia en Facebook

Blog de Historia

Departamento de Historia, Arte e Xeografía 

 

 

sopa14

HTCO3arqueologia

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

2014-15 Máster en Valoración, Xestión e Protección do Patrimonio Cultural (HTCO3)

2014-15 Master Interuniversitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade (USC-UVIGO_CSIC)

 

AQVATempo

 

 

 

 

 

 

 

Caderno AQVATempo

No ano no que a Universidade de Vigo bota a andar o plan estratéxico Campus da Auga, xurde a idea do proxecto AQVATempo.

AQVATempo é un conxunto de textos e imaxes, que percorren a relación entre o home a auga a través dos tempos, e que amosan as posibilidades de diálogo entre a Historia, a Arte e a Xeografía e o Campus da Auga.

Ao tempo, estudantes do Máster de Libro Ilustrado e Animación, da Facultade de Belas Artes, investigan as posibilidades de colaboración na creación de contidos audiovisuais no ámbito das Artes e as Humanidades, a través das súas ilustracións.

Aquí podes descargalo en acceso aberto baixo unha licencia de Creative Commons:

AQVATempo (calidade alta)

AQVATempo (calidade media)

AQVATempo(versión imprimir)

 

 

Benvida da Decana da Facultade de Historia

A Facultade de Historia de Ourense, normalmente é identificada co chamado “Edificio de Ferro”, unha arquitectura senlleira neste campus integrado na vella cidade de Ourense. Como referente, é sen dubida o noso punto de encontro. Por iso, moitas veces, pensamos que a facultade son estas paredes ou o que está dentro delas.
Con todo, iso que nos chamamos Facultade de Historia, e ao que hoxe vos damos a benvida, é en realidade unha trama inmaterial de relacións, de vínculos e de inquedanzas entre persoas, que configuran a nosa vida cotián, e que conforman a base do que se denomina o proceso docente-educativo.
Aos chegados, vos convido a formar parte dese tecido, coa curiosidade que vos trouxo ata aquí, co voso interese, coa vosa participación e sobre todo, coa vosa ilusión, que é exactamente o combustible que pon en marcha o motor.
Porque procedemos do pasado, que está sempre presente, e pola grande responsabilidade dos historiadores neste proceso de alzheimer social que estamos a vivir, traio aquí o convite a ser parte deste todo que chamamos Facultade de Historia e a traballar para aportar o noso grao de area na culminación do grande proxecto de construción dun presente esperanzado e dun futuro mellor.

Benvidos!

Beatriz Comendador Rey (Decana da Facultade de Historia)


Presentación da Facultade de Historia

O coñecemento do noso pasado cultural permite aportar as ferramentas analíticas e conceptuais necesarias para acceder dun modo reflexivo e crítico ás produccións culturais do pasado, ademais de proporcionar os valores humanos, e principios éticos necesarios sobre os que se asenta a sociedade actual.


O carácter multidisciplinar e polivalente dos estudos (Historia, Arte e Xeografía) capacita para un amplo abanico de saídas profesionais ós seus egresados tan competitivos como os especializados nunha soa das disciplinas humanísticas, a pesares da cada vez maior flexibilidade do actual mercado laboral entre titulacións e postos de traballo. Os servizos educativos, os servizos da administración, os medios de comunicación, e un longo espectro de institucións e empresas, proporcionan un marco para o desenvolvemento de actividades relacionadas co perfil formativo do grao, preparando para unha gran variedade de actividades.

Ademais, a riqueza histórica, artística, arqueolóxica e natural proporciona unha estreita relación entre os estudos universitarios e o mercado laboral, abrindo unha nova vía de profesionalización ante a crecente consideración do legado cultural herdado como recurso dotado de valor económico ou productivo. A demanda e saídas profesionais no terreo da conservación, protección, xestión e difusión do patrimonio e o resto de actividades relacionadas co turismo cultural abren un amplo horizonte á saída profesional dos futuros graduados. As oportunidades ofrecidas pola constante expansión das actividades económicas relacionadas co patrimonio, a regulación da actividades arqueolóxica, a aplicación de normativas de ordenación do territorio e o turismo cultural xeneran una constante demanda de utilidade das nosas disciplinas.


Co obxetivo de dar resposta á demanda social de diferentes profesionais, e ós futuros graduados posibilitase unha continuación académica coherente coa posta en marcha do Mestrado oficial en “Historia, Territorio e Recursos Patrimoniais”, cun perfil investigador, seguindo os criterios e plantexamentos establecidos no Real Decreto 1993/2007 polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais.


A conformidade na calidade quedou consignada na última evaluación docente realizada pola ACSUG para o curso 2011-2012. Cabe salentar tamén a experiencia adquirida durante a posta en marcha dos programas piloto con sistemas de transferencia ECTS, nos que a Facultade de Historia foi pioneira.
Os datos da tasa de eficiencia do noso centro son favorables, achegándose o 100%. O que sen dúbida indican as tasas é a mellora continua, mostrando o grande interese do alumnado na consecución do título. Os procedimentos existentes no Sistema de Garantía Interno de Calidade (SGIC) do centro valorarán o progreso e os resultados.
 

Imagen3

Campus Universitario As Lagoas s/n

32004 - Ourense

Tel: 988387101 - 988387200

E-mail Decanato: defho@uvigo.es

E-mail Secrataría Decanato: sdefho@uvigo.es

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal