Está situado no centro histórico de Allariz, vila ourensá que posúe, dende 1971, a denominación de conxunto histórico-artístico e monumental e que obtivo, no ano 1994, o Primeiro Premio Europeo de Planificación Urbana. Dispón de servizo continuo de autobuses ao Campus de Ourense e consta de dous edificios.
Alcai I dispón de apartamentos de 50 m 2, con dous cuartos, sala con cociña e baño completo. Tamén dispón dun servizo de lavandaría (lavadora e secadora) en réxime de autoservizo.
Alcai II dispón de apartamentos de 50 m 2, cun cuarto dobre, sala, cociña e baño completo. Tamén dispón dun servizo de lavandaría (lavadora e secadora) en réxime de autoservizo. En Alcai II están situadas as zonas comúns (sala de informática, sala de estar e sala de televisión).
O Concello de Allariz pon a disposición dos residentes un amplo programa cultural que inclúe a escola de hípica municipal, o club de piragüismo, o pavillón polideportivo cuberto, rutas de sendeirismo e piscina climatizada.
Datos de interese:
Enderezo: Allariz. 32660 Ourense
Tfno.: (+34) 988 442 006
Enderezo electrónico de contacto: reatur@allariz.com