A vista da proposta feita pola Comisión Seleccionadora, o día 11 de outubro de 2011, o secretario xeral da Emigración, D. J. Santiago Camba Bouzas, ditou a resolución pola que se acorda facer pública a relación de candidatos que obtiveron bolsa ao abeiro da Resolución do 24 de xuño de 2011. Esta resolución de admitidos e excluídos saíu publicada no Diario Oficial de Galicia o pasado día 28 de outubro, da que lle achego unha copia en documento adxunto.