Cada vez é máis frecuente e necesario que a I+D aplicada e o desenvolvemento tecnolóxico que se realiza na Universidade se leve a cabo dende as primeiras etapas, en colaboración con outros axentes do sistema de innovación, fundamentalmente coas empresas. Neste sentido distinguimos dúas vías de realización das actividades de I+D+i:
I+D por encargo: unha empresa ou organización encárgalle á Universidade a realización dun proxecto de I+D, propón os obxectivos, asume os riscos e paga o seu custo, e finalmente dispón dos resultados. Esta actividade formalízase mediante un contrato.
I+D colaborativa: os participantes dos proxectos involucran os seus recursos, comparten riscos e obxectivos e distribúen a propiedade dos resultados. Formalízase mediante un convenio ou acordo de colaboración.
En ambos os casos, as organizacións poden acudir ás diversas axudas públicas para obter financiamento das súas actividades de I+D+i.
Para calquera consulta ou xestión sobre contratos e convenios coa Universidade de Vigo pode dirixirse a:
Oficina de Contratos de Investigación (Sección)
S.º de Apoio á Investigación e Desenvolvemento
Universidade de Vigo, campus de Vigo
Edificio Xerencia, planta baixa.
As Lagoas, Marcosende s/n
36310 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: ver directorio Fax: 986 813 919
Enderezo electrónico: contratos.investigacion@uvigo.es
Ou directamente ás seguintes persoas: