As actividades de investigación, ademais do universitario, teñen un marco normativo propio. Este apartado contén a normativa básica estatal, autonómica e da Universidade de Vigo específica sobre as actividades de I D i.
Dada a importancia que no ámbito da investigación teñen as subvencións públicas, tamén se recolle a normativa estatal e autonómica sobre este instrumento.
Por último, recóllense diversos documentos fundamentais para o coñecemento do sistema español e galego de I D i, e dos programas de axudas que desenvolven o Estado e a comunidade autónoma de Galicia neste ámbito.