A Universidade de Vigo está caracterizada pola dispersión xeográfica dos seus centros. Conta con tres campus, cunha fisionomía ben diferenciada, localizados nas tres cidades máis importantes do sur de Galicia: Vigo, Pontevedra e Ourense. Desde a súa creación en 1991, a Universidade de Vigo consolidouse como un referente imprescindible para as tres cidades que acollen os seus campus.

Ourense conta cun campus absolutamente urbano, emprazado nos terreos do antigo hospital, situado a menos de dez minutos do centro da cidade. O Campus na práctica atópase separado en dous pola antiga estrada a Ponferrada, comunicado por unha pasarela peonil que facilita conectar a súa zona máis nova (Campus Sur) coa súa parte antiga (Campus Norte) permitindo que as súas seis facultades e un centro adscrito, complexos residenciais e deportivos, estean máis cerca.
A conferencia terá lugar no salón de actos do Edificio Politécnico situado no campus Norte, actual localización da Escola Superior de Enxeñería de Informática e a Facultade de Ciencias.