As spin-off universitarias son empresas que se constitúen por iniciativa dos membros da comunidade universitaria e que explotan os coñecementos e as tecnoloxías xeradas nos traballos de investigación realizados na propia universidade, que contribúe deste xeito ao desenvolvemento económico e social, ao favorecer o progreso e ao xerar riqueza.
As spin-off universitarias teñen, ademais, a consideración de empresas de base tecnolóxica (EBT), xa que a súa actividade está baseada, de forma maioritaria, en tecnoloxías emerxentes, avanzadas e innovadoras.
A Universidade de Vigo ten asumido o firme compromiso de facer realidade a creación de spin-off universitarias nacidas dende o seu propio seo, e encoméndalle á Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación unha serie de servizos que faciliten esta liña de transferencia de tecnoloxía e coñecemento. Dentro destes servizos podemos sinalar:
Para calquera consulta poden dirixirse a:
Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación
Universidade de Vigo, campus de Vigo
Edificio CACTI, 1º andar
As Lagoas, Marcosende s/n
36310 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986 812 236 Fax: 986 812 140
Enderezo electrónico: otri@uvigo.es