A OTRI leva a cabo un labor continuo de estruturación e actualización do inventario das capacidades dos grupos de I+D da Universidade de Vigo. Ao mesmo tempo, realiza tarefas de divulgación e promoción dos resultados de investigación mediante diversas publicacións, presenza en feiras, organización de foros con empresas, visitas etc.
Nesta sección pódese acceder á base de datos da Oferta de I+D e servizos e o Escaparate de Patentes da Universidade de Vigo e, ademais, a todas as publicacións dispoñibles sobre os recursos de I+D+i, tanto en catálogos sectoriais como individuais. Tamén hai dispoñible un formulario no que poden enviarnos as súas consultas ou posibles intereses en proxectos de I+D.
Para calquera consulta sobre a oferta de investigación da Universidade de Vigo poden dirixirse a:
Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación
Universidade de Vigo, campus de Vigo
Edificio CACTI, 1er. piso
As Lagoas, Marcosende s/n
36310 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986 812 236 Fax: 986 812 140
Correo electrónico: otri@uvigo.es

O coñecemento é o principal activo das sociedades máis avanzadas do mundo. As organizacións necesitan estratexias axeitadas que permitan xenerar riqueza e achegar estes resultados á cidadanía.
O camiño vai dende a identificación dos activos que teñen potencial, pasando pola protección industrial e a valorización, para finalmente chegar á sociedade.
Co obxecto de dar a coñecer diversos aspectos da Propiedade Industrial, como paso previo para a súa posta en valor, a Universidade de Vigo, a través da OTRI, organiza en colaboración coa Oficina Europea de Patentes (EPO) e a Oficina Española de Patentes y Marcas (OEPM) a presente xornada divulgativa, dirixido aos investigadores, empresarios e alumnado en xeral.