Courses and Agreements Commission
This content is currently not available in English
Esta comisión regúlase no artigo 14 do Regulamento de cursos de especialización e convenios.
Está presidida polo reitor/a ou vicerreitor/a en quen delegue e integrada por:
- As persoas titulares da/s vicerreitoría/s con competencias en investigación e desenvolvemento e tranferencia de ciencia e tecnoloxía.
- Unha persoa representante do PDI por cada un dos ámbitos de coñecemento.
- Unha persoa representante do persoal de administración e servicios
- Unha persoa representante do estudantado.
- A persoa que dirixe a oficina I+D desenvolverá o cargo de secretario/a.
Funcións
- Conceder autorización, cando a actividade proposta cumpra todas as especificacións enunciadas neste Regulamento.
- Volver a proposta ao que propón ou solicitante, cando non sexa totalmente correcta, indicando en que punto debe cambiala.
- Denegar a autorización, se a proposta incorre nalgún dos supostos enunciados no artigo 5.
- Fixar o importe mínimo dun contrato que implicaría a sinatura do mesmo polo reitor.
- Notificar ao solicitante os acordos acadados en calquera dos casos a), b) ou c), a través do Secretario da Comisión.
- Aprobar os modelos normalizados que se elaboren na Oficina de I+D.
- Delegar as dúas primeiras funcións na Oficina de I+D, co visto e prace do Vicerreitor de Desenvolvemento e Transferencia de Ciencia e Tecnoloxía, para os contratos cun importe inferior a un máximo que será fixado pola propia Comisión.
Membros
- Reitor ou vicerreitor en quen delegue
Presidente - Director/a OTRI
Secretario/a - Vicerreitora de Investigación
- X. Ramón Nóvoa
Ámbito tecnolóxico - Baltasar Manzano
Ámbito xurídico
- Francisco Javier Rodríguez Rajo
Ámbito científico - Javier Taboada
Ámbito tecnolóxico - Fermín Pérez Losada
Ámbito humanístico - Xefe de negociado da OTRI
PAS - Raquel González López
Estudantado