Xornada de Portas Abertas no CACTI
Fecha de celebración:
18 de abril a las 10:30Dirigido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI y Público externoOrganiza
CACTILugar
Rúa Fonte das Abelleiras, s/n, 36310 Vigo, Pontevedra
36310 Vigo
España
Tipo de evento
Rolda de prensa - PresentaciónEntrada:
De balde Es necesaria reserva.Modalidade
PresencialCon dúas sesións, unha de mañá e unha de tarde
No marco das actividades que se van a desenvolver ao longo do 2024, ano no que o CACTI celebra os 30 anos de actividade, o Centro de Apoio Científico Tecnolóxico á Investigación da Universidade de Vigo, organiza unha Xornada de Portas Abertas, que está dirixida á comunidade universitaria, aos organismos públicos, ás empresas e ao público en xeral, para amosar as instalacións, as técnicas, a instrumentación, as posibilidades analíticas e os traballos e servizos que ofrece o centro.
A Xornada de Portas Abertas celébrase o día 18 de abril en dúas sesións (mañá e tarde). Arrancará cunha presentación por parte da Vicerreitora de Investigación, Belén Rubio e, a continuación, os diferentes servizos farán unha breve presentación das aplicacións, ensaios e traballos que é posible realizar. Seguidamentente, os visitantes poderán coñecer de cerca as instalacións dos diferentes servizos, e o persoal técnico encargarase de dar as explicacións máis detalladas das aplicacións e técnicas instrumentais e posibilidades analíticas.
Para poder asistir é necesario reservar praza a través dun formulario. O número máximo de prazas é de 40 por sesión, que se irán aceptando por orde de chegada.
Más información
Noticia no DUVI sobre a celebración do 30 aniversario do CACTI