Comisión de Igualdade
A Comisión de Igualdade é o órgano colexiado encargado de apoiar e asesorar a todos os órganos de goberno e de representación da Universidade de Vigo en materia de igualdade de xénero.
Está composta pola reitora ou reitor, que a preside, e polos cargos académicos, membros e representantes da comunidade universitaria e da sociedade consonte se establece no artigo 2 do seu regulamento.
É nomeada polo reitor/a que informará o Consello de Goberno.
Funcións
- Realizar as propostas de plans, programas ou actuacións que realice a Universidade de Vigo en materia de igualdade.
- Participar na elaboración dos plans de igualdade da Universidade de Vigo, que lle remitirán, para que se aproben, ao Consello de Goberno.
- Realizar o seguimento de todos os plans e actuacións en materia de igualdade.
- Impulsar a execución dos plans de igualdade, avaliar a súa aplicación e propoñer accións de mellora.
- Calquera outra que lle sexa encomendada polos órganos de goberno e representación da Universidade de Vigo.
Membros
- María Isabel Doval Ruiz
Presidenta - Águeda Gómez Suárez
Secretaria - Xosé Manuel Buxán Bran
PDI con vinculación permanente - Marta García Mosquera
PDI con vinculación permanente - María José Ríos Santomé
Xunta de PAS funcionario - Luis Pérez Gómez
Comités de empresa de Pontevedra e Ourense de PAS laboral
- Manuela Raposo Rivas
Xunta de PDI funcionario - Xosé Mahou Lago
Comités de empresa de Pontevedra e Ourense de PDI laboral - José Luís Pérez Martínez
Estudantado - Mercedes Castro Mouzo
Consello Social
Documentación