Xornada 'Inclusión e deporte'
Data de celebración:
2 de maio ás 10:00Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externoOrganiza
Facultade de Educación e Traballo SocialLugar
Campus As Lagoas, Edificio de Ferro
32004 Ourense
España
Tipo de evento
XornadasEntrada:
De balde. Non é necesaria reserva.Modalidade
PresencialNa aula 0.10, na planta baixa do Edificio de Ferro
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolle a xornada Inclusión e deporte. O deporte como clave para intervir socialmente. Nela, cinco estudantes e egresadas deste centro, educadoras sociais, exporán boas prácticas desenvolvidas no eido da temática da xornada en diferentes entidades, como o Club Ximnasia Pavillón, o Club Ourense Baloncesto ou a asociación Auce. Tamén haberá obradoiros práctivos relacionados con aspectos como o manexo e comunicación coas familias ou coa xestión de grupos. Trátase dunha actividade aberta ás persoas interesadas e de balde.