Conciliación e corresponsabilidade
O eido da conciliación entre a vida laboral, familiar e persoal é unha das claves para acadar maiores cotas de igualdade entre mulleres e homes na sociedade actual. A Universidade de Vigo debe converterse nun referente para toda a sociedade, a fin de situar a «sostibilidade da vida» no centro da nosa institución e así humanizala.
Salas de lactación
As salas de lactación son un espazo cómodo e privado de uso exclusivo para poder aleitar ou extraerse o leite con tranquilidade. Son lugares con ventilación e iluminación cálida e dispoñen de mobiliario axeitado e electrodomésticos que permiten a conservación do leite.
De acordo coas recomendacións da OMS, na Universidade de Vigo dispoñemos desta opción para quen opte pola lactación e precise utilizar este recurso en calquera dos tres campus universitarios.
Campus de Ourense
Biblioteca Rosalía de Castro (entrada)
Campus de Pontevedra
Facultade de Belas Artes (1.º andar)
Escola de Enxeñaría Forestal (planta baixa)
Campus de Vigo
Edificio Filomena Dato (2.º andar)
CINBIO Edificio Olimpia Valencia (Módulo 4, 3.º andar)
Ecimat (Thinking Corner, 1º andar)
Accións positivas
- Acción positiva para incluír nas convocatorias propias de docencia, investigación e transferencia (Resolución; solicitude e escrito xustificativo)
- Redución da docencia por parto ou por adopción, garda con fins de adopción ou acollemento
Documentación
- Acordo do Consello de Goberno sobre medidas de igualdade e conciliación na Universidade de Vigo
- Permiso de xestación retribuído
- Recomendación para aplicar os criterios que favorezan a concilación do PDI na elección de horarios na docencia
- Guía de boas prácticas para universidades «Teletraballo e conciliación corresponsable en tempos da covid-19»
- Normas de elaboración do POD da Universidade de Vigo 2020
Novos modelos de masculinidade e novas relacións
Velaquí unha campaña na que se recollen as testemuñas de homes da comunidade universitaria nos tres campus para coñecer os seus referentes de masculinidade igualitaria. O resultado son cinco vídeos sobre Referentes masculinos; Outras formas de construír a masculinidade; Derrubando estereotipos: máis aló do ‘machirulo’?; Por que os homes deberían ser feministas e Masculinidade concorda con igualdade que están dispoñibles como un recurso de sensibilización.
Máis recursos
Máis información:
Unidade de Igualdade
Edificio Ernestina Otero
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
igualdade@uvigo.gal
+34 986 813 419