Bolsas ECOBAS de inicio na investigación en economía
Co obxectivo de promover a incorporación do estudantado interesado en iniciarse na carreira investigadora, facilitando a súa formación teórica e práctica, así como a adquisición de novas capacidades e destrezas que permitan o desenvolvemento da competencia investigadora no ámbito de traballo da axenda científica de ECOBAS, o centro interuniversitario pon en marcha a convocatoria dun máximo de seis bolsas de iniciación á investigación en economía para estudantado que cumpra cos seguintes requisitos:
- Estar matriculado no curso 2023/2024 ou ben na totalidade dos créditos do Mestrado interuniversitario en economía so SUG ou ben a tempo completo no último curso de grao de Economía ou ADE na Universidade de Vigo, na Universidade da Coruña ou na Universidade de Santiago de Compostela.
- Ter un expediente académico superior a 7/10 puntos.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 23 de outubro de 2023.
Máis información aquí.