Convocatoria Erasmus+ estudos 2024/2025
Solicitudes ata o 14 de decembro, ás 14 h
Xa está publicada a convocatoria do programa Erasmus+ KA131 estudos 2024/2025 para o estudantado da Universidade de Vigo.
A continuación, resumimos a información máis importante da convocatoria.
Estadía
- Poderá realizarse entre o 1 de xullo de 2024 e o 31 de xullo de 2025.
Duración
- Entre 2 e 12 meses
Financiamento (anexo II)
- Bolsa Erasmus+: entre 250 € / mes e 600 € / mes
- Bolsa Santander: 2 bolsas de 1 000 € e 22 bolsas de 500 €
- Bolsas da Xunta de Galicia
- Bolsas da Deputación de Pontevedra
- Bolsas da Deputación de Ourense
Requisitos académicos
- Estar matriculado/a no curso 2023/2024 en titulacións oficiais de grao ou de mestrado da UVigo para enviar a solicitude
Excepción:
Poderá presentarse no segundo prazo (establecido no punto 4.3) o estudantado que se matricile no curso 2024/2025 de mestrados de 60 créditos ECTS ou no Grao en Relacións Internacionais ou en Intelixencia Artificial procedente doutras universidades. Neste caso, a estadía só poderá realizarse no segundo cuadrimestre do curso 2024/2025.
O estudantado deberá estar matriculado na Universidade de Vigo no curso académico 2024/2025 durante o seu período de intercambio.
- O número de créditos mínimos no acordo de estudos será de (agás excepcións):
- 36 créditos ECTS / mobilidade anual
- 18 créditos ECTS / mobilidade semestral
- O estudantado matriculado en PCEOs con presenza en máis dun centro da UVigo, deberá elixir un dos centros e, consecuentemente, rexerase pola normativa de mobilidade do centro elixido e só poderá optar aos seus destinos.
- Cumprir os requisitos específicos de cada centro (ver anexo III).
Documentación
Certificacións oficiais de recoñecemento de idiomas estranxeiros
Proxecto artístico para o estudantado de Belas Artes
Certificado de mobilidade no caso de ter gozado previamente doutra bolsa Erasmus+
Documentos acreditativos da condición de estudantado con menos oportunidades
Solicitudes
- 1.º prazo: ata o 14 de decembro de 2023 ás 14.00 (hora peninsular española)
- 2.º prazo: do 15 de setembro de 2024 ao 15 de outubro de 2024 para o estudantado matriculado nalgún mestrado universitario de 60 créditos, no Grao en Relacións Internacionais ou no Grao en Intelixencia Artificial.
Máis información:
Oficina de Relacións Internacionais
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
+34 986 813 550
outgoing.ori@uvigo.gal