Servizo de Contabilidade, Orzamentos e Tesouraría
O Servizo de Contabilidade, Orzamentos e Tesouraría encárgase e responsabilízase de rexistrar todas as operación derivadas de aprobar, executar e liquidar o orzamento da Universidade de Vigo.
Funcións
- Colaborar co equipo de goberno e coa Xerencia na elaboración da planificación plurianual e das liñas básicas de actuación orzamentaria anuais
- Elaborar o anteproxecto de orzamento anual
- Elaborar e xestionar a contabilidade orzamentaria, analítica e financeira
- Realizar o seguimento da execución do orzamento, analizar as desviacións e elaborar propostas de accións correctoras
- Planificar, xestionar e facer seguimento da tesoureira
- Elaborar a proposta de liquidación definitiva e a documentación xustificativa, así como certificados contables e documentación requirida interna e externamente
- Xestionar, subministrar e cumprimentar a información económica ou orzamentaria necesaria para cumprir coas obrigas fiscais, de xustificación, de información ou de auditoría
- Elaborar a proposta de normas de peche do exercicio e da prórroga do orzamento
- Elaborar estudos e informes
- Establecer criterios e coordinar as actividades das diferentes unidades administrativas da área económica nas materias da súa competencia
- Actuar con criterios de colaboración e asistencia con outras administracións e entidades relacionadas coa universidade
Organización das funcións
- Sección de contabilidade
Ocupase de todo o relativo a Contabilidade analítica e financeira
No referente a Contabilidade de Costes, é o responsable de xestionar todo o proceso de obtención de resultados de costes
Na Contabilidade financeira ocupase de dar soporte á Xefa do Servizo para a confección da conta anual da Universidade - Sección de orzamentos
Ocupase da contabilización das operacións de execución e modificación do orzamento
Ocupase da documentación necesaria para a xustificación dos gastos con financiamento afectado - Sección de tesouraría e ingresos
Ocupase da contabilización dos ingresos e do control da tesouraría da Universidade
É a responsable da Xestión do ficheiro de terceiros
É a responsable de cumprir coas obrigas tributarias da universidade
Recoñecementos
Onde estamos?
Edificio Exeria
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
Mapa
Horario de atención
De 9.00 a 14.00 h de luns a venres