Formación sobre o portal de contidos xurídicos Aranzadi Instituciones
23 de maio
A Biblioteca Universitaria convida a comunidade universitaria a unha sesión formativa en modalidade presencial ou en liña sobre o portal de contidos xurídicos Aranzadi Instituciones, recurso ao que está subscrita a UVigo.
- Día: 23 de maio
- Hora: 10:00 - 12:00 h
- Impartido por: persoal formador de Aranzadi
- Lugar: Aula de videoconferencias da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo (Campus de Vigo) ou en liña a través do Campus Remoto da UVigo.
Para asistir, é necesario inscribirse previamente co correo electrónico institucional da UVigo. A Biblioteca Universitaria emitirá certificados de asistencia.
Formulario de inscrición: https://forms.gle/ACaW6A1fUVvHR2vY7
Programa
- Presentación dos 4 sistemas de busca con exemplos prácticos:
Busca global, busca asistida/operadores e busca con filtros
Buscador por tipo de documento
Xurisprudencia sobre unha norma
Tesauro - Presentación da vista dos resultados de procura: filtrar, acoutar, resultados, exportalos. Extractos.
- Guía de navegación e como desfacer filtros na navegación de resultados.
- Visualización da análise dun documento de lexislación: a nivel de norma e a nivel de artigo; comparador de versións.
- Índices especializados. Outras utilidades.
- Integración con Proview.
Máis información:
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Biblioteca Universitaria de Vigo
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 843
referencia@uvigo.gal