Enquisa de avaliación da satisfacción do estudantado cos programas de doutoramento 2022
A Escola Internacional de Doutoramento (Eido) abre o prazo para participar na enquisa de avaliación de satisfacción cos programas de doutoramento 2022.
O prazo para cubrir as enquisas comeza o 16 de xaneiro de 2023 e remata o 12 de febreiro (ambos os dous incluídos). Trátase de dous cuestionarios diferentes para o estudantado matriculado no 1º ano e no 3º ano do curso 2021/2022.
A participación farase en liña mediante unha aplicación informática de enquisas accesible a través dunha ligazón personalizada para cada estudante.
O tratamento dos datos é anónimo e confidencial e o acceso personalizado nunca quedará asociado ás respostas emitidas ao encher o cuestionario nin ao tratamento dos seus resultados.
Lembrámosvos que este proceso de recollida da opinión resulta imprescindible para a mellora continua dos programas de doutoramento da Universidade de Vigo, polo que agradecemos a vosa colaboración dun xeito sincero e responsable.
Máis información:
Escola Internacional de Doutoramento (Eido)
Edificio Filomena Dato
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 442
eido.subdir@uvigo.gal