Convocatoria Erasmus+ estudos 2024/2025

Solicitudes ata o 14 de decembro, ás 14 h

UVigo - Internacional 24/11/2023

Xa está publicada a convocatoria do programa Erasmus+ KA131 estudos 2024/2025 para o estudantado da Universidade de Vigo.

Bases e anexos

A continuación, resumimos a información máis importante da convocatoria.

Estadía

  • Poderá realizarse entre o 1 de xullo de 2024 e o 31 de xullo de 2025.

Duración

  • Entre 2 e 12 meses

Financiamento (anexo II)    

  • Bolsa Erasmus+: entre 250 € / mes e 600 € / mes
  • Bolsa Santander: 2 bolsas de 1 000 € e 22 bolsas de 500 €
  • Bolsas da Xunta de Galicia
  • Bolsas da Deputación de Pontevedra
  • Bolsas da Deputación de Ourense

Requisitos académicos

  • Estar matriculado/a no curso 2023/2024 en titulacións oficiais de grao ou de mestrado da UVigo para enviar a solicitude

Excepción: 

Poderá presentarse no segundo prazo (establecido no punto 4.3) o estudantado que se matricile no curso 2024/2025 de mestrados de 60 créditos ECTS ou no Grao en Relacións Internacionais ou en Intelixencia Artificial procedente doutras universidades. Neste caso, a estadía só poderá realizarse no segundo cuadrimestre do curso 2024/2025.

O estudantado deberá estar matriculado na Universidade de Vigo no curso académico 2024/2025 durante o seu período de intercambio.

  • O número de créditos mínimos no acordo de estudos será de (agás excepcións):
  • 36 créditos ECTS / mobilidade anual
  • 18 créditos ECTS / mobilidade semestral 
  • O estudantado matriculado en PCEOs con presenza en máis dun centro da UVigo, deberá elixir un dos centros e, consecuentemente, rexerase pola normativa de mobilidade do centro elixido e só poderá optar aos seus destinos.
  • Cumprir os requisitos específicos de cada centro (ver anexo III).

Documentación
Certificacións oficiais de recoñecemento de idiomas estranxeiros
Proxecto artístico para o estudantado de Belas Artes
Certificado de mobilidade no caso de ter gozado previamente doutra bolsa Erasmus+
Documentos acreditativos da condición de estudantado con menos oportunidades

Solicitudes    

  • 1.º prazo: ata o 14 de decembro de 2023 ás 14.00 (hora peninsular española)
  • 2.º prazo: do 15 de setembro de 2024 ao 15 de outubro de 2024 para o estudantado matriculado nalgún mestrado universitario de 60 créditos, no Grao en Relacións Internacionais ou no Grao en Intelixencia Artificial.

 

Máis información:

Oficina de Relacións Internacionais
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
+34 986 813 550
outgoing.ori@uvigo.gal

Instagram ​​​Linkedin ​​​​​