UNIVERSIDADE EUROPEA ATHENA
Feira de mobilidade de ATHENA 2024
14 de marzo, de 13.00 a 15.00 h
Es estudante de grao ou de mestrado da Universidade Europea ATHENA e buscas oportunidades para crecer no eido académico e profesional?
Deixa de buscar e participa na segunda Feira de mobilidade de ATHENA o vindeiro xoves 14 de marzo, de 13.00 a 15:00 h.
Neste evento, deseñado especificamente para estudantes coma ti, atoparás unha morea de oportunidades para alcanzar todo o teu potencial.
A través desta feira en liña poderás acceder a unha ampla gama de programas ofrecidos por varias universidades da alianza, incluídos programas de intercambio, prácticas internacionais, retos e outras iniciativas. Esta será unha oportunidade de coñecer persoas expertas e profesionais de toda Europa.
Participar nestes programas non só che permitirá adquirir unha valiosa experiencia académica e profesional, senón que tamén poderás establecer conexións para toda a vida con estudantes e docentes de diferentes universidades. Estas relacións axudaranche a construír unha comunidade de apoio e de colaboración decisiva para o teu éxito futuro.
Asistir á Feira de mobilidade de ATHENA é fácil e cómodo. Podes participar desde calquera parte do mundo, xa que só necesitas unha conexión a internet e inscribirte a través da seguinte ligazón:
Non perdas este evento, agadámoste!
Programa
13:00-13:10 h | Presentación de ATHENA |
13.10-14:00 h | Universidades socias e testemuños de estudantes locais |
14:00-15:00 h | Oportunidades: cursos intensivos combinados (BIP), escolas de verán... |