Que é o Tribunal de Garantías?
O Tribunal de Garantías é o comisionado do Claustro da Universidade de Vigo para a defensa dos dereitos dos membros da comunidade universitaria.
Membros do Tribunal de Garantías
Presidente:
Argimiro Rojo Salgado
Vicepresidente:
Roberto Ignacio Fernández López
Secretaria:
Rosa María Ricoy Casas
Ana Belén Martínez Piñeiro
Que fai?
O Tribunal de Garantías, para o desenvolvemento das súas funcións, poderá:
- Esixir, de oficio ou a pedimento da parte interesada, toda a información que considere oportuna para o cumprimento dos seus fins.
- Presentarlle informes ao Claustro e, se é o caso, propostas de repercusión dos danos estimados.
- Xestionar, diante dos órganos competentes, a corrección dos defectos observados no seu funcionamento.
- Requirir do órgano universitario competente a satisfacción do oportuno interese lexítimo.
- Propoñerlle ao Claustro un voto de censura contra o titular dun órgano unipersoal que, a pesar dos requerimentos, non modifique a súa conduta contraria ao dereito.
- Actuar como mediador cando sexa requirido.
Enderezo:
Edificio CACTI, 2º andar 36310 Vigo.
Tlfno.:
986 813 830 - 986 813 829