Un médico/a e un diplomado/a en enfermaría atenden o centro médico do campus de Vigo situado nun local anexo á biblioteca central e que está dotado de todo o equipamento médico necesario. No centro médico aténdense os recoñecementos do persoal da Universidade e tamén se coordinan as actividades de vixilancia da saúde.
O afastamento dos centros sanitarios de primeiro nivel asistencial ao campus vigués foi a razón que impulsou a posta en servizo deste centro médico, que está dotado de todo o equipamento clínico necesario para o desenvolvemento das súas actividades sanitarias: mobiliario clínico, instrumental médico, desfibrilador, electrocardiógrafo, e equipo de espirometría ou negatoscopio.
Enderezo:
Local anexo á biblioteca central
Campus Lagoas, Marcosende (Vigo)
Teléfono: 986 813 451
Enderezo electrónico: centromedico@uvigo.es
Horario de atención:
De luns a venres: de 8.30 a 14.00 horas
De luns a xoves: de 15.00 a 17.00 horas