Innovación aberta
Coñeces a innovación aberta?
Un dos procedementos máis utilizados hoxe en día para a detección e a incorporación de talento ás empresas é a chamada «innovación aberta». Esta consiste en lanzar á contorna universitaria un desafío, unha necesidade ou un problema co fin de que o estudantado desenvolva posibles solucións ou melloras innovadoras mediante a realización dos seus traballos de fin de estudos. O programa «Colmea de ideas» serve polo tanto de correa de transmisión entre aqueles desafíos propostos polas entidades externas e a contorna universitaria.
Representas unha empresa e queres propoñer un reto?
Podes presentar un reto ou un desafío ao longo do curso académico:
Es estudante e queres realizar o teu TFG ou TFM resolvendo un problema real?
Podes manifestar o teu interese en respostar a un dos retos propostos polas entidades colaboradoras ao longo do curso académico:
Retos da convocatoria 2023/2024
Proximamente publicaremos os novos retos!
Presentación do programa en remoto o mércores 25 de outubro de 2023, ás 12:00 horas.
No seguinte vídeo ofrecémosche un resumo dos retos presentados polas entidades na convocatoria 2021/2023
Máis información:
Área de Emprego e Emprendemento
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 814 036
areaemprego@uvigo.gal