Como chegar
En avión
O aeroporto de Vigo, Peinador, permanecerá pechado do 3 ao 30 de maio de 2024 polas obras para remodelar a pista.
Outros aeroportos:
O aeroporto de Santiago (SCQ) atópase a 1 h 30 min de Vigo en autobús ou en tren.
O aeroporto Sá Carneiro (OPO) (Portugal) está a 150 km, a dúas ou tres horas de Vigo, en autobús ou en tren.
En tren
Pódese chegar a Vigo en tren desde Madrid, Barcelona, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, A Coruña, Ponferrada, León, Bilbao, Alicante e Porto.
Vigo conta con dúas estacións de tren: a de Urzáiz, na praza da Estación, e a de Guixar, na rúa do Areal, ambas en pleno centro urbano.
Na web de Renfe atoparás toda a información que necesitas sobre destinos, horarios e tarifas.
En coche
Vigo conta con tres vías principais de acceso:
- A autovía das Rías Baixas une a cidade con Madrid (A52-A6).
- A autovía do Atlántico (A55) une Vigo co norte de Portugal; pasa por Tui, Braga e Porto, enlaza logo con Lisboa e a rede de autoestradas portuguesas.
- A autoestrada do Atlántico (AP9) une Vigo co norte de Galicia; pasa por Pontevedra, Santiago de Compostela, A Coruña e Ferrol.
Distancias entre Vigo e algunhas cidades:
- Pontevedra: 24 km
- Santiago de Compostela: 93 km
- Ourense: 105 km
- A Coruña: 155 km
- Lugo: 160 km
- Porto: 150 km
- Lisboa: 500
- Madrid: 626 km
- Sevilla: 730 km
- Barcelona: 1132 km
En bus
Tamén é posible viaxar a Vigo en bus. Existen liñas directas desde Madrid, Barcelona, Asturias, Bilbao, Irún, San Sebastián, Zaragoza, Estremadura e Andalucía .
Desde o aeropuerto Francisco Sá Carneiro (OPO) hai un servizo de autobús directo que sae desde Porto e chega a Vigo en aproximadamente 2 horas. As seguentes compañías ofrecen ese servizo:
Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 130 222
viccom@uvigo.gal